Alanda

Viño tinto onde o protagonista é a variedade Bastardo, unha variedade autóctona case esquecida, xunto con outras variedades máis coñecidas como Mencía e Tinto Fino. As uvas proceden de dúas pequenas explotacións cultivadas segundo os principios da agricultura ecolóxica e biodinámica.

Añada:
2013
Adega:
Quinta da Muradella
Tipo de viño:
Tinto
Tipo de uva:
Bastardo, Mencía, Garnacha Tintorera, Mouratón, Gran Negro e Arauxa.
Presentación:
75 Cl
Orixe:
Verín (Ourense)
Prezo: 
22 €
Ficha técnica:

Este viño de Monterrei é fresco e saboroso. Cun paso suave e untuoso, con boa intensidade. As especias e froitas ben equilibradas. Taninos doces. Un bo acabado con moita persistencia e sabor afrutado e floral. Viño elegante, moi sutil, fresco e distinto. Para disfrutalo lentamente.